|
Establécense os seguintes premios:
PREMIO AO MELLOR AUDIOVISUAL :
1º PREMIO: dotación económica 2000 euros máis trofeo
2º PREMIO: dotación económica 1500 euros máis trofeo
PREMIO GALICIA:
Concederase á mellor curtametraxe cuxa versión orixinal sexa en lingua galega. Dotación económica 1500 euros máis trofeo.
PREMIO LICEO CASINO:
Concederase á mellor curtametraxe realizada por un director/a da comarca do Salnés. Dotación económica 600 euros máis trofeo.
PREMIO ESPECIAL ANIMACIÓN:
Dotación económica 1500 euros máis trofeo.
PREMIO NOVOS REALIZADORES:
Poderán presentar os seus traballos, os/as alumnos/as que cursen estudos ou os cursasen á hora de realizar o traballo presentado a concurso- nun centro galego de ensino especializado (Facultades de comunicación audiovisual, Escolas de Imaxe e Son, Escolas Superiores de Cine e semellantes).
Dotación económica 600 euros máis trofeo.
PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO:
Dotación económica 1000 euros máis trofeo.
PREMIO ESPECIAL DO XURADO:
Será concedido polo xurado atendendo a distintas motivacións (guión, interpretación, fotografía, etc.) debendo mencionar os motivos que fan á curtametraxe ou persoa merecedores do mesmo.
Dotación económica 1000 euros máis trofeo.
|